O
vindeiro mércores 19 de xuño levaremos a cabo unha andaina polo medio
natural, desde o monte Faroleiro ata o colexio. Participa o alumnado de
cuarto e quinto.
Descrición da actividade.
Data: 19 de xuño de 2019.
Saída desde o colexio: 9:40
Regreso ao colexio: 13:30 aprox
Distancia: aprox. 7 km
Dificultade: baixa.
Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.
Requisitos para o alumnado.
- Levar calzado adecuado para camiñar por sendas de terra, e unha gorra.
- Poden levar unha pequena merenda e auga.
Percorrido.
- Traslado desde o colexio en autobús ata o mirador de Malveira.
- Subida polo camiño de terra ata A Vacariza.
- Descenso polo camiño do Cristo de Barbas en dirección Vilar - Barreiros.
- Chegada ao colexio.