Durante o mes de febreiro aplicamos as probas DAFIS ao alumnado de cuarto, quinto e sexto.
As probas da batería DAFIS consisten na medida de parámetros anatómicos como o peso, a altura, o perímetro do abdome e da cadeira, ademais de recoller outros valores como a prensión manual, a distancia de salto con pés xuntos, a flexibilidade en banco, a axilidade e coordinación coa proba de 10x4, a suspensión con flexión de cóbados, e a resistencia co test de Course-Navette.
O obxectivo é valorar a condición física das nenas e nenos, co fin de deseñar actuacións individualizadas.
Máis información: https://dafis.xunta.es/
Máis imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=240