Un misterio moi misterioso.

Durante última semana de febreiro apareceron no colexio unhas marcas moi raras co número 261, despois de días investigando os carteis das portas, os adhesivos dos corredores e as pinturas no chan co 261...atopamos a resposta ao misterio!!!




Parabéns a Hugo de 3º e Alba de 6º por investigar e explicar o misterio. Recibirán como premio a camiseta do 261.

Parabéns tamén a Kathrine Switzer, a corredora que levou ese dorsal, por demostrar, unha vez máis, que non se poden poñer límites á igualdade.

Qeres coñecer a orixe do misterio?
O número 261 representa o primeiro dorsal que levou unha muller na maratón de Boston. Non foi a primeira muller en correr a proba, pero si a primeira en levar un dorsal oficial. Kathrine Switzer non o tivo dodao , sabes por que?

Coñece a historia facendo click nas ligazóns.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Kathrine_Switzer
Ou neste vídeo de youtube https://youtu.be/oCSuxqlnFig

 Comezamos o misterio do 171 ?

Máis imaxes en:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=239