Obradoiros de balonmán

 Grazas á colaboración do Concello de Cariño organizamos no colexio dous obradoiros de balonmán impartidos por
Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.

O luns 25 de febreiro para o alumnado de quinto e sexto.
Horario: de 12:30 a 14:15




 O luns 27 de marzo ara os de cuarto e terceiro.
Horario: de 10:20 a 12:00


 O noso agradecemento a Abel González polas súas clases maxistrais, unha honra contar cun profesional tan involucrado na divulgación do balonmán.

Máis imaxes da actividade en: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=241